PREPARATIVOS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2025!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca somos un grupo de mestras que ao longo desta derradeira semana do segundo trimestre estamos organizando coa participación activa e voluntaria dun considerable número de alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria todo o necesario para a Celebración do Día do Libro, os vindeiros días 22 e 23 de abril, no noso centro educativo.
 |
COLABORADORES
BIBLIOTECA BOELLO |
O alumnado colaborador de 5º estivo moi atento aos pasos a realizar para crear o seu modelo de marcapáxinas. Posteriormente, o día 22 de abril na Hora de Ler, serán responsables de dirixir e axudar na elaboración dos marcapáxinas do resto de grupos do noso colexio. |
COLABORADORES |
 |
5º A |
 |
MARCAPÁXINAS |
 |
COLABORADORES |
 |
5º B |
 |
MARCAPÁXINAS |
 |
COLABORADORES |
 |
5º C |
 |
MARCAPÁXINAS |
O alumnado colaborador de 6º estivo preparando e fixando a información máis relevante sobre a orixe do Día do Libro. Esa información será compartida co resto de grupos do noso centro e vivirán conxuntamente unha lectura para ser un novo motor do amor polo mundo dos libros.
 |
COLABORADORES |
 |
6º E.P |
 |
ORIXE DÍA DO LIBRO |
Por último, contarvos que o alumnado de Educación Infantil desfrutará dun Obradoiro Creativo na Biblioteca Boello da nosa escola. O obradoiro será impartido por Pablo Otero e contará coa axuda do alumnado colaborador do Equipo de Biblioteca.
 |
CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2025 XUNTA DE GALICIA
|
Agardamos que teñades unhas boas vacacións e oxalá no voso tempo de descanso reservedes un anaquiño de tempo grande ben xeitoso para ler, ler e volver a ler para unha vida máis vacacións máis felices poder ter!!!
BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA
CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO
No hay comentarios:
Publicar un comentario