martes, 18 de marzo de 2025

    FOTOS DA HORA DE LER 

DOS GRUPOS B!!!

Boello e o Equipo da Biblioteca somos un grupo de mestras que  contamos coa participación activa de todo o profesorado e coa colaboración directa do Equipo Directivo do noso centro para poder empregar un tempo do horario escolar para fomentar o hábito da lectura entre todo o alumnado do noso centro educativo.

Neste tempo de lectura son varias as modalidades empregadas para acadar o noso principal obxectivo:

- Lectura en voz alta por parte do profesorado de contos para os grupos de menor idade e a propia manipulación dos exemplares pola cativada para ir sementando dende os inicios da escolarización, o amor pola lectura.

- Lectura silenciosa e individual a elección de cada alumno/a nos grupos que xa teñen adquirida unha certa destreza lectora para ir regando coidadosamente o hábito da lectura que irá crecendo paseniño ao longo da súa escolarización no noso centro educativo.

- Lectura en voz alta dun mesmo título con exemplares do mesmo para cada alumno/a para ir aprendendo a xestionar o medo a ler en voz alta cara ao grupo de iguais e ao mesmo tempo ir acadando unha maior comprensión lectora que será a base para a floración da lectura na idade adulta.

Aquí vos deixamos unhas fotos desta marabillosa franxa horaria na que podedes desfrutar de todos os grupos B empregando o seu tempo de ler para ir andando o camiño da lectura como un hábito indispensable para vivir unha vida máis plena e que agardamos adquira todo o alumnado do noso centro educativo.

INFANTIL B


1ºB

2ºB

3ºB

4ºB

5ºB

6ºB

O Boello e o Equipo da Biblioteca desexa con todas as súas forzas que todo o alumnado do noso centro tanto no presente como no futuro sempre se animen a ler, ler e volver a ler para unha vida máis feliz poder ter!!!

BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO


No hay comentarios:

Publicar un comentario