VIAXEMOS A OCEANÍA PARA AFONDAR NO COÑECEMENTO DOS ABORIXES AUSTRALIANOS, OS POLINESIOS, OS MICRONESIOS E MELANESIOS!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar queremos invitarvos a unha viaxe a Oceanía para afondar nas súas civilizacións máis antigas.
Un grupo de seres humanos, os melanesios, viaxaron dende o sur de Asia ata Oceanía fai uns 50.000 anos. Estes intrépidos exploradores chegaron a Australia e se asentaron nas súas terras e nas illas veciñas, incluída Nova Guinea.
No ano 6.000 a.C, aproximadamente, estes novos poboadores quedaron illados, debido ao aumento do nivel do mar e no ano 4.000 a.C, distintas tribos de Asia comezaron a sucar os mares e produciuse un novo asentamento destes seres humanos nas illas arredor de Indonesia e Filipinas.
OS ABORIXES AUSTRALIANOS
Os aborixes australianos son os primeiros poboadores desta inmensa illa. Mentres percorrían grandes extensións de terra foron fundando pequenos asentamentos e formando as súas sociedades, cun dialecto e identidade propios. Ademais crearon o seu propio sistema de crenzas con representacións artísticas (moitas datan de fai 40.000 anos) e musicais xenuínas (o diyeridú podería ser o instrumento máis antigo do mundo). A súa particular situación no mapa terrestre permitiulles vivir illados e lonxe de posibles invasores doutros pobos. Esta peculiaridade favoreceu a conservación do seu estilo de vida.
A machada máis antiga do mundo atopouse no ano 2017 durante unha escavación arqueolóxica en Kanadu, no Norte de Australia. Os expertos pensan que foi elaborada fai uns 65.000 anos, máis de 15.00 anos antes que outras civilizacións. Os aborixes australianos tamén fabricaron puntas de lanza con ósos e pedras, búmerangs e ferramentas para poder afiar as súas armas.
OS POLINESIOS
Os primeiros poboadores da Polinesia chegaron por mar dende Indonesia, Taiwán e Filipinas as súas terras asentándose na illa de Pascua, Samoa, Niue e moitas máis, fai aproximadamente 35.000 anos.
Na illa de Pascua, tamén coñecida como Rapa Nui, podemos atopar máis de 800 estatuas extraordinarias chamadas Moáis. Estas figuras se modelaron en canteiras e foron transportadas grandes distancias sobre rolos de madeira ata a súa situación e colocadas en formación para honrar aos xefes máis importantes da illa.
OS MICRONESIOS E MELANESIOS
Algunhas das miles de illas que compoñen a Micronesia e a Melanesia estaban habitadas fai uns 40.000 anos pero a maioría destas masas terrestres comezaron a explorarse fai uns 4.000 anos, cando poboadores de Indonesia, China e Australia comezaron a buscar novas terras para os seus asentamentos.
Nesta extensa zona do Océano Pacífico existen milleiros de illas e arquipélagos, como Nova Guinea, Fiyi, Kiribati, Vanuatu y Nauru. Os poboadores de cada illa crearon as súas culturas propias e independentes das demais illas. Por este motivo, en case todas as illas falan linguas e dialectos propios pero ningún deles conta cun alfabeto.
As culturas destas illas permaneceron intactas ata finais do século XVII. Dicir que ao longo do século XVIII coa chegada dos colonos estranxeiros moitas costumes, linguas e relixións sufriron grandes transformacións e tamén debemos mencionar que a chegada dos colonos provocou que a poboación orixinaria minguara en gran cantidade debido as enfermidades foráneas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario