viernes, 24 de enero de 2025

    AS NOSAS "MOCHILAS VIAXEIRAS" PERCORREN AS SENDAS DA LECTURA!!!

As "Mochilas Viaxeiras" comezan a percorrer as sendas da lectura, neste mes de xaneiro, para visitar os diversos lares do alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria do noso centro educativo.



As nosas "Mochilas Viaxeiras" están e estarán sempre cheas de miles de aventuras reais e imaxinarias, feitos históricos ou fantásticos, acontecementos imaxinables e inimaxinables, soños alcanzados e por acadar e un longo etcétera que vos invitamos a abrir nas vosas casiñas coa familia para viaxar ao inigualable mundo da lectura.

Boello e o Equipo da Biblioteca desexa con todas as súas forzas que este fantástico percorrido que van a realizar as "Mochilas Viaxeiras"  polas sendas da lectura acaden os nosos lindos soños:

- Concienciar ás familias do importantísimo papel que desempeñan no fomento da lectura d@s cativ@s.

- Propiciar intres de encontro entre os diferentes membros da familia tomando como punto de unión e conexión o fascinante mundo dos contos e dos libros.

- Animarvos a que compartades cos vos@s fill@s un anaquiño de delicioso ocio cunha boa calidade temporal arredor da enriquecedora lectura.

- Fomentar unha marabillosa conversa sobre os miles de temas que nos brindan os contos e os libros dun xeito fantasticamente natural.

-  Mellorar o hábito lector do noso querido alumnado que lles propiciará grandísimas vivencias lectoras que permanecerán para sempre nas súas cabeciñas e nos seus corazóns.

- Reforzar o necesario vínculo entre as familias, o alumnado e o profesorado no seu labor de acadar unhas novas xeracións que se nutran da lectura para poder acadar o soño de vivir nun mundo mellor.

Por favor, se tedes unha ou mil suxestións de lectura para compartir connosco escribídenos ao correo de Boello e do Equipo da Biblioteca do no noso centro educativo:

ceipcalvosotelo@gmail.com

Estaremos sempre agradecid@s convosco e intentaremos por todos os medios ao noso alcance incorporar eses novos tesouros lectores ás "Mochilas Viaxeiras" nas vindeiras viaxes ao mundo da lectura familiar.

BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO

No hay comentarios:

Publicar un comentario