martes, 14 de enero de 2025

   VIAXEMOS A ASIA ORIENTAL PARA MERGULLARNOS NO DEVIR COTIÁ DOS POBOS DO VAL DO INDO, DOS ANTIGOS CHINOS E DOS MONGOIS!!!


Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar queremos invitarvos a unha viaxe por Asia Oriental para mergullarnos no devir cotiá das civilización antigas de Asia Oriental para poder descubrir a diversidade dos seus pobos e como crearon civilizacións ben distintas entre si para enriquecer a Historia do ser humano. 

No ano 2003, uns arqueólogos descubriron 34 fragmento de ósos na cova de Tianyuan, en China. As probas científicas deste esqueleto incompleto do "Home de Tianyuan" concluíron que falecera facía uns 40.000 anos, cunha idade entre 40 e 50 anos e mostrando diferencias xenéticas significativas cos europeos actuais.

OS POBOS DO VAL DO INDO

Na actual Paquistán xurdiu unha das civilizacións máis antigas que coñecemos de Asia Oriental, como consecuencia da migración humana a un dos ríos máis grandes do noso planeta, o Indo. Este río nace nas cordilleiras do Himalaia e dende este punto vai fluíndo entre montañas para caer en fervenza na densa selva e chegar ata o mar Arábigo.

Gracias a este río e as inundacións das súas chairas, fundáronse prósperas comunidades agrícolas. Co tempo,  foron agrupándose na zona máis fértil coñecida como val do Indo e construíron unha civilización  que perduraría 1.500 anos. Durante a súa época de maior esplendor, a civilización do Indo abarcaba uns 650.000 quilómetros cadrados, dende Paquistán ata a India.

Un dato de gran interese é que a primeira regra de medir da Historia atopouse no val do Indo. Este primeiro paso de medición levou a estes poboadores a ser os primeiros en planificar meticulosamente as súas cidades cun trazado urbanístico, baños públicos e redes de sumidoiros. Ademais na súa maioría estas cidades estaban protexidas ante as posibles inundacións propias da zona.

Os lingüistas modernos aínda non son capaces de descifrar a lingua escrita en táboas de madeira polos pobos do val do Indo e aínda que xa se recompilaron máis de 400 símbolos ou caracteres, non son suficientes para completar as lagoas sobre a súa lingua e sobre o seu modo de vida.


OS ANTIGOS CHINOS

Os antigos chinos estiveron rexidos por gobernadores e familias que fundaron dinastías que transmitían o poder de xeración en xeración. O período da dinastía Han (206 a.C-220 d.C) foi moi decisivo, nacendo moitas prácticas culturais que aínda perduran na actualidade.

Os antigos chinos inventaron a popular bebida do té, o papel e o seu uso para escribir pero tamén para crear billetes e tamén crearon o paraugas que usaban as clases máis ricas para resgardarse do sol abrasador en estas latitudes do noso planeta.

A gran muralla china é a máis grande das construcións creadas polo ser humano. A súa edificación de 21.196 quilómetros foi necesaria para protexer ao país dos invasores.

Por último, imos a mencionar a Confucio que foi un mestre e filósofo chino que defendía que as persoas deben tratar aos demais como queren ser tratadas, e se centraba na importancia da familia e da educación. De feito, a educación foi gañando unha gran importancia nesta civilización. Os alumnos debían aprobar os exames finais da universidade para traballar como funcionarios e poder ascender de nivel nunha sociedade moi estruturada. Os antigos chinos, conseguiron que o progreso social estivera baseado na intelixencia e na capacidade de esforzo e superación e non nas riquezas materiais.

OS MONGOIS

O imperio mongol é un dos máis grandes da Historia da Humanidade xa que abarcaba case toda Asia e unha boa extensión do continente europeo, uns 23 millóns de quilómetros cadrados (arredor do 16% da superficie terrestre) e englobaba arredor dun 25% da poboación do planeta. 

Este imperio foi fundado por Gengis Kan no ano 1.206. Este reino expandiuse con gran rapidez durante este século XIII. Tras a morte de Gengis Kan, a súa estirpe continuou estendendo o imperio pero as guerras con diferentes faccións chinas e a propagación da peste negra durante o século XIV desencadearon o seu lento declive.

Asia é o continente máis grande do noso planeta polo que ademais das civilizacións descomunais das que acabamos de descubrir datos ben interesantes, existiron outros pobos e etnias que fundaron os seus propios reinos como os Maurias en India, os Xemeres en Cámboa e os Hunos ao mando de Atila como unha das civilizacións máis sanguinarias da Historia da Humanidade.



Por último, dicirvos que todas as relixións clásicas ou as máis destacadas do noso planeta proceden do continente asiático:  budismo, confucianismo, cristianismo, hinduísmo, islamismo,  xudaísmo e taoísmo.

Boello e o Equipo da Biblioteca desexan que gustarades das civilizacións antigas de Asia Oriental e esperamos a vosa incursión na vindeira entrega do noso blog para coñecer e descubrir que sociedades nos agardan en Oceanía durante a  Idade Antiga.

BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO

No hay comentarios:

Publicar un comentario