viernes, 20 de diciembre de 2024

    RECOMENDACIÓNS PARA VIAXAR COA IMAXINACIÓN LECTORA ÁS CIVILIZACIÓNS DA IDADE ANTIGA!!!

Boello e o Equipo da Biblioteca queremos deixarvos nesta entrada deste noso blog unhas recomendacións para estas datas de descanso vacacional de Nadal para que poidades viaxar coa vosa imaxinación lectora ás civilización da Idade Antiga.


  • "Los Humanos"  de Ideaka Edelvives é un libro de información moi detallada sobre as civilizacións antigas de cada continente para poder coñecer as orixes da nosa especie e como estas civilizacións foron abrindo a senda da historia da Humanidade. 
  • "Atlas Antiguas Civilizaciones"  de Susaeta Ediciones é un libro que nos invita a descubrir as culturas e civilizacións da Idade Antiga  e como deixaron unha importantísima pegada na historia do ser humano.
  • "¿Cómo sobrevivir al Antiguo Egipto?" de Grupo Edebé é unha guía para coñecer unha das épocas máis fascinantes da historia da nosa especie. Pero debes prestar atención porque existen grandes amenazas. O Fisgón Histórico será de gran axuda para poder sobrevivir no Antigo Exipto.
  • "¿Cómo sobrevivir a la Antigua Roma?" de Grupo Edebé é unha guía de superviviencia porque o perigo pode atoparse en calquera esquina do pasado romano. O Fisgón Histórico virá ao teu rescate para que aprendas todo sobre os antigos romanos e poder lograr saír victorioso da Antiga Roma.

  • "Los Historionautas. Una aventura egipcia" de La Galera Editorial é un libro no que podes axudar aos Historionautas a explorar e coñecer o pasado dos antigos exipcios para poder regresar a casa dunha peza.
  • "Los Historionautas. Una aventura romana" de La Galera Editorial é un libro no que podes axudar aos Historionautas a regresar a casa descubrindo como vivían os antigos romanos e vivindo esta gran aventura no pasado.
  • "Los Historionautas. Una aventura vikinga" de La Galera Editorial  é un libro no que vivirás unha gran aventura na  trepidante época vikinga para poder regresar cos Historionautas a casa.
  • "El Gran Laberinto de la Mitología" de Ediciones S.M é un libro-xogo que consta de 12 laberintos para explorar e aprender todo sobre a mitoloxía grega. 

  • "El Gran Libro Juego de las Civilizaciones"  de Editorial El Pirata é un libro-xogo cunhas espectaculares ilustracións dun gran detallismo que vos permitirán xogar e aprender sobre as distintas civilizacións da Idade Antiga.

  • "Historia de la Humanidad en viñetas" de Plan B Publicaciones S.L é unha colección de 12 álbumes de banda deseñada didáctica onde, a través dun argumento de ficción, nárranse 12 momentos claves da Historia da Humanidade. 

O Boello e o Equipo da Biblioteca queremos desexar a todo o noso alumnado e as súas familias unha felices festas e un feliz aninovo cargado de moitísimas lecturas porque xa sabedes que pensamos que non existe mellor agasallo nas nosas vidas que  ler, ler e volver a ler en papel para unha vida máis feliz poder ter!!!

BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO

No hay comentarios:

Publicar un comentario