FOTOS DA HORA DE LER
DOS GRUPOS A!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca somos un grupo de mestras que coa colaboración do Equipo Directivo do noso centro educativo e coa participación activa de todo o profesorado adicamos un tempo do noso horario escolar ao fomento da lectura entre todo o alumnado do noso centro.
Neste tempo de lectura son varias as modalidades para acadar o noso obxectivo, como pode ser a lectura en voz alta por parte do profesorado para os grupos de minor idade, lectura silenciosa e individual a elección de cada alumno/a nos grupos que xa teñen adquirido a destreza lectora ou a lectura en voz alta do mesmo título facendo uso dos exemplares repetidos para cada alumno/a para ir eliminando pouco a pouco os medos de ler cara ao grupo de iguais e fomentar a maior comprensión lectora entre os máis maiores.
Aquí vos deixamos unhas fotos desta máxica franxa horaria na que podedes desfrutar de todos os grupos A adicando o seu tempo a lectura para deixar voar a imaxinación e vivir aventuras inimaxinables que van facendo a senda do hábito lector que agardamos adquira todo o noso alumnado do noso centro educativo.
INFANTIL 4ANOS A |
1ºA |
4ºA |
5ºA |
6ºA |
6ºA |
6ºA |
6ºA |
O Boello e o Equipo da Biblioteca desexa con todas as súas forzas que todo o alumnado do noso centro tanto no presente como no futuro sempre se animen a ler, ler e volver a ler para unha vida máis feliz poder ter!!!
BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA
CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO
No hay comentarios:
Publicar un comentario