viernes, 16 de mayo de 2025

    A CULTURA CASTREXA, VIAXEMOS AO NOSO PASADO NA IDADE ANTIGA!!!


Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar queremos invitarvos a unha fascinante viaxe ao noso pasado na Idade Media para coñecer a cultura castrexa.

Galicia foi habitada por primeira vez no Paleolítico, na Idade de Pedra, fai medio millóns de anos. Estes primeiros poboadores da nosa terra probablemente chegaron dende África e eran nómades que se desprazaban buscando caza e froitos para a súa alimentación. Co tempo foron evolucionando os seus costumes e comezaron a perfeccionar os seus utensilios permitíndolle mellorar a súa calidade de vida.

Xa no Neolítico, hai uns 5.000 anos, estes poboadores fixéronse sedentarios. Nesta época comezaron as celebracións da chegada da primavera (o Entroido na actualidade), a chegada do verán (o San Xoán nos nosos tempos)..., as primeiras rapas das bestas, a construción das mámoas que son os monumentos funerarios para enterrar os seus mortos e nas rochas gravaban símbolos xeométricos ou figuras de animais, os petróglifos.

A cultura castrexa é unha cultura arqueolóxica do noroeste da Península Ibérica que abranguía as rexións de Galicia, Asturias, o norte de Portugal e o oeste de León que durou dende os séculos XI a.C ata a romanización dos galaicos cara o século I d.C.



Os castros foron as primeiras aldeas de Galicia e foron construídos fai uns 2.700 anos. Estaban situados nas partes altas para recibir mellor a luz solar. As súas primeiras casas foron de barro e máis tarde de pedra. No seu interior tiñan un apoio ao arredor do muro e no centro a lareira. Estas casas estaban pintadas  en cor azul, ocre ou branco. Os castros dos nosos antepasados estaban rodeados por un muro de pedra, o oppidum e moitas veces por foxos para marcar os lindes do poboado e para a protección dos seus poboadores.


A súa alimentación estaba baseada en cereais como o millo para facer o pan ou a cebada para a produción da cervexa. Tamén cultivaban feixóns, chícharos e repolo. Gardaban gran cantidade de landras que usaban para a elaboración do pan, unha vez tostadas e trituradas en muíños de pedra. Por outra banda, os galaicos ou castrexos criaban gando para a produción de carne, leite e manteiga, cazaban cervos e xabarís  e nas zonas costeiras, pescaban e mariscaban.

Os castrexos tamén traballaban na minaría para a extracción de ouro, ferro, cobre, estaño e chumbo; a metalurxia para refinar os metais dos minerais e fundilos para fabricar diversas ferramentas; a cantería para a construción das casas e murallas dos castros e demais traballos en pedra e a ourivaría para a creación de alfaias como os torques, os brazaletes, as arracadas, as diademas e os colares.





Uns anos antes da Era Cristiá, Décimo Xusto Bruto, procónsul de Roma intentou conquistar Gallaecia  para facerse co ouro do noroeste da península pero os seus lexionarios non querían cruzar o Limia porque ese río era coñecido como o Río do Esquecemento e despois o propio procónsul tivo medo por chegar demasiado preto do Finis Terrae e deu orde de retirada.


Roma insistiu na súa conquista e mandou o famoso xeneral Xulio César comandando ao exército máis poderoso do mundo antigo e os romaron derrotaron aos galaicos no Monte Medulio. Unha vez foron vencidos, os castrexos tiveron que traballar como escravos para os romanos. Co paso do tempo chegaría a romanización porque os castrexos foron mesturándose cos seus conquistadores. Desa mestura aprenderon cousas novas como o uso do arado,  a elaboración do viño, a salgadura do peixe e a falar o latín que daría lugar o nacemento da nosa lingua, o galego.



Boello e o Equipo da Biblioteca desexa que esta viaxe ao noso propio pasado fose de gran interese para todos vós e para que as vosas mentes comprendan a importancia de celebrar a nosa cultura e a nosa lingua o Día das Letras Galegas e todos os días, de todos os anos das vosas vidas.

BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA

CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO

No hay comentarios:

Publicar un comentario