APUNTÁMONOS A NON BEBER!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar somos conscientes de que o consumo de bebidas con alcol e bebidas enerxéticas están moi instauradas na nosa sociedade e por terceiro ano consecutivo quixemos participar no programa "Apuntámonos a non beber" para intentar crear un mundo máis planetariamente saudable para o noso alumnado.
Esta actividade está dirixida a todo o alumnado de 6 de E.P e consta de dúas charlas explicativas para concienciar as novas xeracións dos perigos do consumo das bebidas con alcol e enerxéticas en idades temperás.
Unha vez realizadas as dúas charlas, cada grupo continuou traballando e afondando nesta temática nas súas aulas. Finalmente, foron quen de reflectir nun cartel de contrapublicidade as súas reflexións máis destacadas sobre o tema das bebidas con alcol e enerxéticas.
Boello e o Equipo da Biblioteca pensamos que comprenderon que aínda que está moi normalizado o consumo deste tipo de bebidas na nosa sociedade non é para nada sinónimo dunha vida saudable xa que a súa inxestión pode traer consigo graves perigos para a nosa saúde e desexamos con todas as nosas forzas que na súa vida teñan sempre presente o lema:
"APUNTÁMONOS A NON BEBER"
BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA
CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO
No hay comentarios:
Publicar un comentario