MAPA CRONOLÓXICO DAS CIVILIZACIÓNS DA IDADE ANTIGA E REFLEXIÓN DA HUMANIDADE!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar queremos compartir convosco un mapa cronolóxico do momento aproximado da fundación das diferentes civilizacións da Idade Antiga que fomos coñecendo ao longo deste ano académico nas intrépidas viaxes realizadas a través no noso blog.
Grazas a cada viaxe descubrimos e interiorizamos que a nosa especie existe dende fai 200.000 anos e que nos últimos 50.000 anos foi quen de crear miles de linguas; profesar diferentes relixións; construír asentamentos, pobos, cidades e civilizacións; percorrer todos os recunchos do planeta; inventar tecnoloxías e medios de transporte; curar enfermidades; plasmar o noso mundo por medio das artes e cultivar diversas culturas.
ABORÍXENES AUSTRALIANOS - 50.000 a.C. - OCEANÍA
MELANESIOS - 40.000 a.C. - OCEANÍA
NATIVOS AMERICANOS - 11.000 a.C. - AMÉRICA
NUBIOS - 5.000 a.C. - ÁFRICA
VAL DO INDO - 3.300 a.C. - ASIA ORIENTAL
SUMERIOS - 3.100 a.C. - ASIA OCCIDENTAL
ANTIGOS EXIPCIOS - 3.100 a.C. - ÁFRICA
MICÉNICOS - 3.000 a.C. - EUROPA
FENICIOS - 3.000 a.C. - ÁFRICA
ACADIOS - 2.340 a.C. - ASIA OCCIDENTAL
ASIRIOS - 2.000 a.C. - ASIA OCCIDENTAL
BABILÓNICOS - 1.792 a.C. - ASIA OCCIDENTAL
ANTIGOS CHINOS - 1.600 a.C. - ASIA ORIENTAL
OLMECAS - 1.600 a.C. - AMÉRICA
POLINESIOS - 1.500 a.C. - OCEANÍA
MICRONESIOS - 1.100 a.C. - OCEANÍA
ANTIGOS GREGOS - 800 a.C. - EUROPA
ANTIGOS ROMANOS - 753 a.C. - EUROPA
CELTAS - 700 a.C. - EUROPA
PERSAS - 539 a.C. - ASIA OCCIDENTAL
MAIAS - 300 d.C. - AMÉRICA
VIQUINGOS - 793 d.C. - EUROPA
INCAS - 1.100 d.C. - AMÉRICA
MONGOIS - 1.206 d.C. - ASIA ORIENTAL
AZTECAS - 1.325 d.C. - AMÉRICA
Moitas destas civilizacións e culturas antigas xa non existen e outras intentaron conservar as súas raíces pero con grandes dificultades porque o ser humano seguiu outros ritmos e camiños, sobre todo dende mediados do século XVIII coa Revolución Industrial. Neste momento histórico, grazas a mecanización e a invención dos motores, os humanos puideron viaxar máis lonxe e máis rápido que nunca antes na súa historia.
Ademais os imperios europeos puideron expandirse con gran velocidade para controlar os territorios con abundancia de recursos e mercadorías. Estes imperios modernos (sobre todo o británico e o francés) foron desaparecendo poucos séculos despois da súa creación e os países consquistados conseguiron gobernar as súas nacións con independencia destas grandes potencias.
Nos nosos días estamos a vivir unha nova era coñecida como Revolución Tecnolóxica pero debemos ser precavidos co seu uso porque a tecnoloxía avanza a un ritmo tan vertixinoso que está invalidando a súa propia evolución e a do propio ser humano.
Non debemos esquecer todo o aprendido na nosa viaxe á Idade Antiga durante este ano académico porque os nosos antepasados foron capaces de superar grandes obstáculos e buscar solucións para mellorar a súa calidade de vida como debemos facer agora nós xa que somos seres cunha gran capacidade de resistencia e cunha gran intelixencia.
Boello e o Equipo da Biblioteca desexamos que o noso alumnado teña o seu alcance todos os coñecementos posibles sobre a Historia da Humanidade para ser o motor de cambio para as novas xeracións do noso planeta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario