MURAL DAS CIVILIZACIÓNS DA IDADE ANTIGA NA BIBLIOTECA DE BOELLO!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca somos un grupiño de mestras que traballamos sempre pensando en inculcar o noso amor pola lectura en todo o alumnado do noso centro educativo. Ademais desta importante labor educativa tamén traballamos para impulsar entre o noso alumnado o interese por diversas temáticas que consideramos fundamentais para o seu desenvolvemento como cidadáns da sociedade do futuro.
Nesta ocasión pensamos que sería unha fantástica idea decorar o corredor que nos adentra na Biblioteca da nosa querida mascota Boello cun mural para ir ambientando o noso centro educativo coa temática global sobre a que imos intentar estimular a curiosidade do noso alumnado ao longo deste ano académico para que descobran e aprendan as cousiñas máis interesantes e destacadas das civilizacións da Idade Antiga.
Neste mural, o noso alumnado pode situar no mapa do noso planeta algunhas das civilizacións máis importantes da Idade Antiga e ler unha breve información para ir espertando a súa curiosidade polos seres humanos do pasado que marcaron o noso presente e dos que podemos aprender tanto dos seus acertos coma dos seus erros para soñar cun futuro mellor para toda a humanidade.
O mundo dos nos@s devanceir@s é ben interesante e Boello e o Equipo da Biblioteca irán pasiño a pasiño publicando novas entradas para que descubrades moito máis sobre as civilizacións da Idade Antiga.
BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA
CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO