Neste curso 2025-2026 as activades de lectura, escritura e acceso á información que promove a nosa bilbioteca xirarán entorno ö tema da Idade Media.
Moitos dos obradoiros que se levarán a cabo no noso centro a través do programa de Biblioteca Creativa intentarán fomentar, estimular e apoiar a aprendizaxe de diferentes aspectos desta etapa tan apaixoante da historia.
Profundizaremos no tema dun xeito máis lúdico grazas as actividades do proxecto DigiCraft de formación en habilidades e competencias dixitais a través do xogo e a experimentación, incluído no programa da nosa biblioteca.
O alumnado colaborador, de 6º de E.P., prestará a súa axuda na organización e realización de moitas destas tarefas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario