DESCUBRINDO O MUNDO DA PARÁLISE CEREBRAL!!!
No noso intrépido centro educativo durante este mes de febreiro estamos descubrindo o mundo da parálise cerebral para que no noso cole e no noso planeta existan centos, milleiros ou mellor dito millóns de cativ@s cunha gran mente e cun enorme corazón que consigan facer felices a esas persoas que para a maioría dos mortais son invisibles ou bichiños raros debido a súa diversidade funcional.
María é esa fantástica nena que ten o don da natural curiosidade da mente e o don do enerxético impulso do corazón. Desa máxica combinación perfecta nace en ela a fermosa capacidade de atreverse a mirar, falar, escoitar, xogar, bailar e soñar co cativo con parálise cerebral que como todas as persoas con esta diversidade funcional sempre nos están a invitar coa súa voz interior a descubrir que tod@s desexamos ser felices na mellor das compañías amigas.
Anímaste a descubrir con María o mundo da parálise cerebral!?
Boello e Equipo da Biblioteda do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario