CONTRA TODO PRONÓSTICO!!!
Este
venres a nosa pequena gran aventureira, a súa agarimosa profe Sonia e eu (a
profe Ceci) voltamos ao noso dinámico cole para pintar ao "Xeito de
Icía" co alumnado de quinto porque era unha promesa feita no seu primeiro
contacto durante este curso escolar, no que esta cativada descubriu con natural
curiosidade a aventura vital, terapéutica e escolar de Icía.
A nosa aventureira, o seu papá e eu animámonos contra todo prognóstico a esta aventura porque a profe Sonia formaba parte da expedición e sabiamos que todo sería posible na súa linda compañía, as compañeiras de quinto xa tiñan todo moi ben organizado e listo para que as tres entraramos en acción e polas infinitas ganiñas do alumnado de vivir esta experiencia artística xunto a súa compañeira escolarizada na súa casiña pola complexidade da súa diversidade funcional pero a verdade verdadeira era que a pequerrechiña estaba a sufrir unha das súas persistentes crises epilépticas que fan que a pequena quede inmersa nun estado de letargo vital durante un período demasiado prolongado de tempo para o meu gusto.
Antes da chegada da pequerrecha ao cole, conteilles a todo o alumnado de quinto que Icía non se atopaba todo o ben que sería desexable, expliqueilles dun xeito sinxelo e natural que eran as crises epilépticas, como lle afectaban a Icía e a necesidade de que estiveran tranquiloch@s para que a pequena estivera o máis xeitosamente posible dentro do seu letargo epiléptico.
Aproveitaron esta nova visita para animar a todo o alumnado de quinto a participar nun Concurso de Redacción e Debuxo que leva por título "Limits & Powers" que naceu na miña cabeciña pero que vai facerse realidade grazas a implicación das titoras deste nivel educativo e a colaboración de Boello e do noso Equipo da Biblioteca.
Impresionante a fermosa empatía do alumnado co momento vital de Icía e impresionante a natural emoción ao pintar os seus miles de mares de cores; Impresionante a carga infinitamente positiva de enerxía por poder vivir esta aventura coa nosa linda profe Sonia; Impresionante o verdadeiro agarimo mostrado polo profesorado que nos axudou a facer realidade esta enriquecedora aventura e Impresionante a potente forza que nos transmite todo o profesorado que aproveita o seu mínimo tempo libre para visitarnos porque nos quere ben. Así será impresionantemente posible seguir soñando en facer máis grande a palabra "DiverCapacidade"... Avante a toda máquina!!!
Graciñas mil a tutti de todo corazón!!!
Ceci Music & Icía Power
Ceci Music & Icía Power
Seguimos soñando con facer realidade a "DiverCapacidade"
Boello e Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario