DiverCapacidade , BAIXO O MESMO PARAUGAS da Paz!!!
O Equipo de Orientación do noso dinámico centro educativo, capitaneado pola súa máxica Orientadora Tati, quería conmemorar o Día Internacional da Discapacidade dun xeito ben especial. Así que crearon unha montaxe ben curiosa do conto titulado "O paraugas de cebra", para gran alegría do noso Equipo da Biblioteca...
Tras ver esta inclusiva montaxe e ler este amigable conto, todos os grupiños do noso intrépido centro educativo estiveron altamente motivados para vivir "Baixo o mesmo paraugas" e aprender que todas as persoas son marabillosamente diferentes e tamén que todas as persoas temos unha gran necesidade de acoller e que nos acollan no máxico paraugas da DiverCapacidade...
Todos estes fantásticos movementos educativos e creativos para fomentar a compresión, a empatía, o agarimo, etc entre todo o noso alumnado, leváronme a pedirlle aos tres niveis que están a vivir grandes intres escolares con Icía, que se animaran a pintarse coa súa "diferente" compañeira baixo o mesmo paraugas porque ela tamén precisa acollerse xa que é "igual" a toda a cativada porque se chove, móllase como os demais...
Baixo o mesmo paraugas - Icía & Company
Baixo o mesmo paraugas - Cuarto
Baixo o mesmo paraugas - Quinto
Baixo o mesmo paraugas - Sexto
Como a miña cabeciña non para de dar voltas e reviravoltas, para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia, todos os debuxos que aquí vedes e algún que outro máis, xa forman parte da decoración da aula de Música para deleite de todos os grupiños de referencia de Icía e para favorecer entre o alumnado máis cativo o crecemento das ganiñas de coñecer a esta intrépida aventureira da DiverCapacidade...
Ceci Music, Icía Power & Company seguirán soñando cun mundo no que todas as persoas comprendamos e interioricemos no noso agarimoso corazón e nas nosas diversas mentes que Tutti somos diferentemente iguais na nosa DiverCapacidade e que Tutti somos igualmente diferentes vivindo Baixo o mesmo paraugas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario