OLGA, BOA VIAXE FERMOSA XOANIÑA!!!
Olga, a nosa querida coordinadora do Equipo da Biblioteca remata a súa andaina no noso centro educativo para iniciar unha nova viaxe educativa cargada de novas vivencias enriquecedoras mil por mil. A súa nova etapa profesional e vital sabemos que estará acompasada coa lectura de milleiros de libros e máis libros que son o seu combustible para ter sempre a enerxía necesaria para intentar facer realidade o seu marabilloso soño de transmitir a súa paixón pola lectura as novas xeracións porque ela sabe que no mundo da lectura habita a liberdade do ser humano.
Querida Olga |
Olga, a nosa vanguardista coordinadora do Equipo da Biblioteca sempre moi atenta está a todas as innovacións educativas e tecnolóxicas que nacen neste noso mundo educativo para formarse, renovarse e ser así ese marabilloso motor de cambio que impulsa ao noso alumnado a descubrir novas posibilidades de crecemento persoal porque ela sabe que no mundo da innovación reside a esperanza das persoas.
Olga vanguardista |
Olga, a nosa intelixente coordinadora do Equipo da Biblioteca foi esa máxica persoa que me animou e me impulsou a facer máis grande o meu minúsculo proxecto inicial da DiverCapacidade para conseguir convertelo nun xigantesco proxecto global do noso centro educativo no que todo o profesorado, alumnado e persoal non docente coñecemos, comprendemos e interiorizamos que todas as persoas temos Limits que debemos intentar facer cada día máis pequenos e Powers que debemos conseguir facer cada día máis grandes porque ela sabe que no mundo da inclusión vive a luminosidade da humanidade.
Intelixente Olga |
Olga, en cada recuncho do noso Centro Educativo, da nosa Biblioteca e do noso corazón a túa esencia profesional e persoal permanecerá para sempre pero agora como a fermosa xoaniña que es tes que voar porque a túa querida alma intelixentemente vangardista necesita explorar novos mundos para seguir soñando neste teu máxico universo da educación.
Olga Esencia |
No hay comentarios:
Publicar un comentario