Alejandro López Álvarez, autor do libro "Las amigas del espejo" visitounos o venres 6 de febreiro para compartir o seu primeiro libro co alumnado de 3º e 4º de E.P.
O autor falounos da aventura que foi para el e para as súas fillas escribir e publicar este libro, procesos nos que as nosos compañeiras participaron activamente.
Leu para todo a alumnado e profesorado presente na biblioteca o comezo desta marabillosa historia, deixándo en nós moitas ganas de saber como continúa a aventura destas dúas irmás.
E como adoita suceder cando estamos cun autor e o libro que escribíu na man, pedímoslle que nos asinara un exemplar.
Emma e Lúa seguro que non esqueceran nunca o día no que seu pai visitou o cole para presentar o libro que escribíu para elas.
E nós tampouco!





No hay comentarios:
Publicar un comentario