ÉRASE UNHA VEZ NA ACTUALIDADE...
Érase unha vez na actualidade... un pequeno un pequeno gran reino situado nas extensas terras do Orcellón. Neste gran reino existe unha vila en expansión, O Carballiño, que conta cunha activa escola a que acude a cativada máis miúda para aprender a avanzar e superarse na aventura da vida.
Nesta escola, sempre en constante crecemento de mellora, existe un nutritivo recuncho, a Biblioteca de Boello, creado polo seu fantástico profesorado que por fortuna conta con diversos poderes máxicos. Grazas a ditos poderes, paseniño a paseniño, decoraron este fermoso espazo e adquiriron unha boa morea de contos, libros e xogos educativos para que todo o alumnado poida nutrir a súa mente para que esta sexa saudablemente forte para viaxar ao mundo da sabedoría.
Este conxunto de profes ten sempre mil ideas en ebulición nas súas mentes efervescentes. De feito, este ano académico decidiron na súa asemblea inicial, abrir as portas da Biblio de Boello a todo o alumnado de terceiro a sexto de primaria. Este alumnado poderá vivir a experiencia de compartir os xogos deste lindo espazo, no seu tempo de lecer, o recreo, xogando cos seus compis durante varias xornadas alternas para que posteriormente decidan dun xeito natural cando queren pasar o seu tempo de lecer neste enriquecedor espazo da escola pública de O Carballiño.
Dende o inicio da proposta no mes de outubro ata a data de hoxe, a nosa Ludoteca Escolar parece ter un gran éxito entre o alumnado xa que un dos poderes máxicos do profesorado é percibir o seu intenso desexo de repetir esta nutritiva experiencia educativa e vital.
BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA
CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO














No hay comentarios:
Publicar un comentario