O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía e dende a biblioteca o celebramos con distintas actividades. Os alumnos de 4º durante a súa visita á biblioteca escribiron e ilustraron diferentes textos poéticos. Pola súa banda alumnos de terceiro fixeron un pequeno mural con poesías ou fragmentos de poemas que escribiron e recitaron. Tamén os alumnos de segundo realizaron unha actividade moi divertida. Escribiron poemas que logo meteron en globos. Saíron ao patio e os lanzaron. Cada neno colleu un globo e rebentouno para descubrir que poema lle tocara. Finalmente volveron ás clases onde leron os poemas que colleron. Xa por último, entre algúns nenos de primeiro escribiron unha poesia con palabras relacionadas coa primavera, aproveitando tamén o comezo desta nova estación. A continuación podedes ver as fotos e un vídeo das diferentes actividades.
Alumnos de primeiro co seu poema sobre a primavera.
Alumnos de cuarto na biblioteca
Pinchando AQUI podedes ver
máis fotos.
Alumnos de terceiro diante dos seus traballos sobre a poesía. AQUI máis fotos
No hay comentarios:
Publicar un comentario