viernes, 27 de marzo de 2015
ANIMACION Á LECTURA
O último día antes de irnos de vacacións de Semana Santa, os nenos e nenas de segundo B de primaria, realizamos unha actividade de animación á lectura. A "profe" leunos un conto moi divertido que se titula"Ruido". Despois "xogamos" cuns bonecos feitos de cortiza e globos e que tiñan por debaixo unha cartolina cunha onomatopeia. Cada neno leu o seu e explicou de qué podía ser ese son. Despois formamos equipos e cada un tivo que escribir unha historia que incluise algunha das onomatopeias dos nenos que formaban o equipo. Conseguimos facer unhas historias moi orixinais. A continuación vos deixamos un video e unhas fotos da actividade. AQUI veredes máis fotos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario