miércoles, 22 de abril de 2015
"APADRIÑA/AMADRIÑA UN LIBRO"
Con motivo da celebración do Día do Libro desde a biblioteca propuxemos aos nosos lectores que elaborasen un cartel adicado a un dos libros que máis lles gustase dos que leron este ano. O cartel debía ter un debuxo, o título do libro e un lema explicativo de por que ese é o seu libro favorito, ou cunha frase animando aos demais compañeiros a lelo. Nas seguintes fotos podedes ver algúns dos que se elaboraron e que están expostos no taboleiro da entrado do colexio. E pinchando AQUI algunhas fotos máis.
Tamén con motivo desta celebración alumnos de quinto elaboraron traballos que decoran os taboleiros do centro coma estes que podedes ver nestas fotos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario