CONTACONTOS "A AVENTURA VITAL DE ICÍA"
No día de hoxe tivemos a sorte de poder desfrutar da compañía de Icía, a súa profe Sonia e a súa mamá que viñeron ao cole para contarlle ao alumnado de 5º o asombroso Contacontos da aventura vital, terapéutica e escolar da súa compañeira escolarizada na súa casiña pola súa inmensa diversidade funcional.
A verdade é que o alumnado de 5º tiña moitísimas ganiñas de vivir unha aventura escolar coa súa compi dende que fai dous aniños a viron cantando co seu grupiño de referencia nun festival de nadal pero a situación insólita que estamos a vivir foi complicando este encontro.
ICÍA E O GRUPIÑO DE 5ºA |
Asombrosamente asombrosa a capacidade de atención de todo o alumnado durante todo o relato pero o máis emocionantemente emocionante é a capacidade de Icía para conseguir acabar sempre rodeada por tod@s @s compis que queren de mil xeitos diferentes mostrarlle o seu agarimo dun xeito magníficamante natural.
Pasiño a pasiño estamos facendo realidade o noso soño de facer inmensamente máis grande a palabra creada pola mamá de Icía, "DiverCapacidade" porque en cada visita de Icía ao cole @s compis da pequerrechiña comprenden que en realidade tod@s temos "Limits" que debemos intentar facer máis pequenos e "Powers" que debemos facer cada vez máis grandes durante toda a nosa vida.
ICÍA E O GRUPIÑO DE 5ºB |
Moitísimas grazas a todas as persoas que nos acompañachedes nesta nova aventura que seguro terá un "Continuará" ben interesante.
ICÍA E O GRUPIÑO DE 5ºC |
"DiverCapacidade"... Avante a toda máquina!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario