NOVO RELATO ORAL DE ICÍA CON MÁXICA SOPRESA
Icía, a súa profe Sonia e a súa mamá volveron ao cole para contar novamente o relato da aventura vital, terapéutica e escolar da pequena aos tres grupiños de 4º de Educación Primaria.
Unha vez máis todo o profesorado quedou impresionado pola máxima atención prestada ao longo de todo o relato oral acompasado con fotos da vida da nosa pequena gran aventureira e como sempre magnífica a capacidade de Icía para acabar rodeada dos tres grupiños de compis para mostrarlle o seu agarimoso afecto e a súa natural admiración por todo o esforzo da pequena por facer máis pequenos os seus "Limits" e facer máis grandes os seus "Powers".
Estes tres grupiños de compis coa inspiración da profe Teresa, da profe Patri, da profe Maricarmen, da profe Emilia, da profe Luz e da profe Sonia tiñan preparada unha máxica sorpresa para Icía.
Ao remate do último relato apareceu todo o alumnado de cuarto coas súas titoras para rodear a pequerrechiña e darlle o seu marabilloso e fermosísimo agasallo, unha camiseta co seu nome e asinada por tod@s @s nov@s amig@s da pequerrechiña que xa teñen ganiñas de vivir unha nova aventura artísticamente creativa con Icía no segundo trimestre deste ano académico.
E como broche final, Hugo, animouse a contarnos un chulísimo conto para delicia de todo o profesorado e de todo o alumnado. Tod@s estamos desexando volver a xuntarnos para que este pequeno gran Contacontos nos deleite con outra pequena delicatessen oral.
Moitísimas grazas ao vento sempre a favor do Euipo Directivo e do Equipo da Biblioteca, a atenta colaboración da nosa Orientadora, a marabillosa compañía da profe de Icía e a todo o profesorado que nos acompaña e anima a vivir novas aventuras que están a facer realidade o noso soño de facer inmensamente grande a palabra "DiverCapacidade".
Avante a toda máquina coa "DiverCapacidade".
Boello e o Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario