sábado, 25 de junio de 2022

 GRACIÑAS MIL A TUTTI DE TODO CORAZÓN POR VIAXAR CONNOSCO AO MUNDO DA "DIVERCAPACIDADE"!!!

O Equipo da Biblioteca comezou este ano académico cun ilusionante soño convertido  nun esperanzador proxecto global para que todo o alumnado do noso diverso centro educativo coñecera, comprendera e respectara a cada persoa con diversidade funcional na súa enriquecedora diferencia.

AULA MÚSICA

Para tal importante fin pensamos en traballar co alumnado afondando mensualmente nunha diversidade funcional  pero tamén pensamos que sería unha moi boa idea ir ambientando o noso cole para que a palabra "DiverCapacidade" fose pouquiño a pouquiño decorando os nosos taboleiros dun xeito artisticamente diverso.

BIBLIOTECA CREATIVA

Desta maneira tan diversamente artística as persoas que temos a sorte de circular polo noso dinámico centro educativo imos interiorizando a palabra "DiverCapacidade" porque todas as persoas temos "Limits" que debemos intentar facer cada vez máis pequenos e "Powers" que debemos conseguir facer cada vez máis grandes ao longo das nosas vidas e nunca deberiamos esquecer esta linda mensaxe: "Non se trata de ter dereito a ser iguais senon ter igual dereito a ser diferentes".

DINAMIZACIÓN GALEGO
Pasiño a pasiño co entusiasmo activo de todo o profesorado e coa curiosidade natural do noso alumnado estabamos a facer cada vez máis grande a palabra "DiverCapacidade" e nese intre pensamos que sería unha fabulosa idea crear unha palabra en inglés para expresar todo o noso enriquecemento persoal nacido do coñecemento do mundo infinitamente diverso de persoas que habitan o noso planeta. Pensando e conversando coa profe Marina viu a luz esta marabillosa palabra que xa forma parte da decoración do noso cole, "InterAbility" porque toda a nosa cativada sempre serán para nós, "Capable Kids".
ENGLISH POWER
E case sen darnos conta fomos chegando a recta final deste enriquecedor ano académico e queriamos plasmar as nosas creativas palabras e os nosos artísticos lemas nun mural para lembrar sempre o noso crecemento persoal e vital ao longo deste tempiño escolar.  Mentres estaba a imaxinar como quedaría pensei en darlle un verdadeiro toque artístico potenciando ao máximo o SuperPower de Emily que cunha mínima visual dun dos nosos retratos fotográficos foi quen de crear un máxico retrato artístico que sempre permanecerá ligado a este inmenso ano académico no que entre todo o profesorado e todo o alumnado conseguimos facer máis grande a palabra "DiverCapacidade-InterAbility" para seguir soñando cun mundo diversamente máis "humán" cheíño de aire para respirar.
AULA MÚSICA

EMILY ART

ART EMILY

EMILY & CECI

Graciñas mil ao Equipo Directivo e a Orientadora do noso dinámico centro educativo por ser sempre vento a favor para lograr chegar a bo porto nesta nosa viaxe polo mundo da "DiverCapacidade-InterAbiliy", 
Graciñas mil ao Equipo da Biblioteca e en especial a súa coordinadora, a profe Olga, por impulsar con gran entusiasmo a nosa viaxe neste enriquecedor ano académico.
Graciñas mil a todo o profesorado polo seu creativo entusiasmo para invitar ao seu alumnado a mergullarse mensualmente en cada diversidade funcional.
Graciñas mil a todo o profesorado que nos anima e nos acompaña en cada toliña idea que nace na miña cabeciña e en especial a nosa agarimosa profe Sonia Smile que navegou na nosa compañía todas as ondas, mares e océanos inimaxinables.
Graciñas mil a todo o alumnado por sentir esa marabillosa curiosidade natural polo mundo da "DiverCapacidade-InterAbility" e por invitarnos a soñar que un mundo mellor será posible porque son "Cativos Capaces-Capable Kids".
Graciñas mil ao inmenso grupiño de compis de referencia da nosa intrépida aventureira por ser a mellor tripulación posible para viaxar polo mundo da inclusión escolar e unha mención especialmente agarimosa para a nosa linda artista Emily que cunha simple visual nos debuxa sempre tan lindamente a ámbalas dúas na nosa "DiverCapacidade".
Graciñas mil a tutti de todo corazón por viaxar connosco ao mundo da "DiverCapacidade".
"DiverCapacidade-InterAbility Forever"
Ceci Music & Icía Power
Boello e o Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario