sábado, 15 de octubre de 2022

 LER!!!

Boello e O Equipo da Biblioteca queremos inaugurar este novo ano académico animándovos a ler, ler, ler e reler porque pensamos que o mundo da lectura nos permite crecer infinitamente como persoas xa que comprendemos e interiorizamos outros sentires,  outras vidas e outras realidades diferentes a nosa propia. Así que a ler!!!

"Ler. Ler sen gañas. Ler por aburrimento. Ler para non facer ruído. Ler para deixar que teu pai durma a sesta. Ler porque non te deixan poñer a tele. Ler porque xa ninguén quere lerte un conto. Ler porque castigáronte sen saír. Ler porque está na cama con febre. Ler porque estás so. Ler porque imitas aos teus irmáns maiores. Ler porque o fai a túa nai. Ler libros para nenos. Ler novelas que non te deixan ler. Ler ata que te apagan a luz. Ler sen ler, pensando noutra cousa. Ler na biblioteca. Ler todos os libros da biblioteca infantil. Ler porque a túa irmá le na cama do lado. Ler libros de Tintín na casa do teu avó. Rir porque a túa tía chora cunha novela. Chorar porque te dá medo o abominable home das neves. Ler e ler e ler cinco liñas sobre sexo. Lelas e lelas unha vez máis. Ler porque queres estar so. Ler porque te sentes so. Ler porque te cres distinto. Ler para encontrar almas xemelgas. Ler aquelo que aínda non viviches. Ler para encherte a cabeza de paxaros. Ler para presumir. Dicir que liches un libro que non liches. Resumir libros en literatura que non liches. Sacar boas notas en literatura facendo resumos dos libros que non terminaches. Ler para imitar o que liches. Ler para fachendear. Ler para ligar. Ler para consolarte dun abandono. Ler por falta de plans. Ler por falta de amor. Ler porque se foi con outra. Ler para que non digan nada. Ler mentres esperas. Ler sentado en el váter. Ler para durmirte. Ler para poder falar con el. Ler o libro quer el te recomendou. Ler para sorprenderlle. Ler por puro gusto. Ler por vaguería. Ler porque te gustan os deportes. Ler porque non tes un duro. Ler para esquecer. Ler para lembrar. Ler para aprender. Ler un coñazo impresionante. Ler un libro que non queres que remate. Ler o libro dun amigo. Ler todos os libros dun home que te gusta. Lerlle o pensamento. Ler o libro que el está lendo. Ler o libro que el querería ler despois. Lerlle ao teu fillo. Lerlle ata que se queda durmido. Lerlle ata que te quedas durmida. Lerlle o Tintín que ti liches. Lerlle cando morre o abominable home das neves. Lerlle e consolalo logo do seu pranto inconsolable. Lerlle para que aprenda a estar so. Lerlle para volver a infancia. Lerlle por gusto. Ver como le un fillo. Reler. Ler soamente o que te gusta. Ler soamente aquilo que te emociona. Ler por amor. Ler ao seu lado."

LER DE ELVIRA LINDO

Dedicado a nosa coordinadora con todo o noso agarimo lector!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

No hay comentarios:

Publicar un comentario