Iniciamos nesta semana as actividades e obradoiros para celebrar o DÍA DO LIBRO no noso centro a través da BIBLIOTECA.
Para conmemorar un data tan especial, todo o centro gozou ao mesmo tempo dunha sesión de lectura colectiva en diferentes espazos do cole.
Así mesmo, comezamos cos obradoiros de BIBLIOTECA CREATIVA que imos levar a cabo en todos os niveis durante tres semanas.
O alumnado de terceiro ciclo de E.P. participou con grande entusiasmo na proposta feita dende a BIBLIOTECA en colaboración co PROXECTO DIGICRAFT. Na actividade "Pesadelo na biblioteca" os nenos e nenas tiñan que recolocar os libros que caeran ao chan e perderan parte da súa información despois de sufriren un terremoto. Completando a tarefa,realizaron un xogo no que desenvolvían o rol de robots bilbiotecarios ou libros para concienciarse da importancia da colocación dos libros na nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario