miércoles, 22 de mayo de 2024

APUNTÁMONOS A NON BEBER

Por segundo ano consecutivo, o alumnado de 6º de E.P. participou no Programa de Sanidade "Apuntámonos a non beber".

 

 

 

A actividade consta de dúas  charlas. impartidas por Pilar Trabazos,  para concienciar sobre os perigos do consumo de alcol e bebidas enerxéticas en menores de idade. Complétase cunha conferencia para as familias que se realizará no mes de xuño.

 



Os nenos e nenas, despois de seguir traballando o tema nas aulas, elaboraron uns carteis de contrapublicidade advertindo dos riscos destas bebidas. A proposta seleccionada por cada grupo participará nun concurso que se fallará a finais de maio. 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario