O ENRIQUECEDOR VIAXE ÁS CIVILIZACIÓNS DA IDADE ANTIGA!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar queremos invitarvos a unha enriquecedora viaxe ás civilizacións da Idade Antiga para que descubrades datos moi interesantes sobre cada unha delas e como o pasado do ser humano está moi arraigado no noso presente. Tamén canto podemos aprender dos erros e dos acertos de cada unha das sociedades do pasado para soñar cun mundo mellor no futuro de toda a Humanidade.
Queridas familias e querido alumnado ide preparando coidadosamente as vosas maletas con todo o necesario para a nosa intrépida, longa e intensa aventura xa que imos a percorrer todo o planeta camiñando pola historia antiga de cada continente para ir coñecendo e aprendendo datos moi interesantes sobre os pobos da Idade Antiga.
- Viaxaremos a África para coñecer o mundo dos nubios, dos exipcios e dos fenicios.
- Viaxaremos a Oceanía para afondar no coñecemento dos aborixes australianos, dos polinesios, dos micronesios e dos melanesios.
- Viaxaremos a Asia Occidental para descubrir as sociedades dos sumerios, dos acadios, dos asirios, dos babilonios e dos persas.
- Viaxaremos a Asia Oriental para mergullarnos no devir cotiá dos pobos do val do Indo, dos antigos chinos e dos mongois.
- Viaxaremos a Europa para afondar no pasado dos micénicos, dos antigos gregos, dos antigos romanos, dos celtas e dos viquingos.
- Viaxaremos a América para pescudar o xeito de vida dos nativos americanos, dos olmecas, dos maias, dos incas e dos aztecas.
Animádesvos a viaxar connosco ao pasado!?
BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA
CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO
No hay comentarios:
Publicar un comentario