DÍA DAS BIBIOTECAS ESCOLARES!!!
Boello e o Equipo da Biblioteca Escolar do noso centro educativo querémosvos invitar a desfrutar dunha lectura explicativa dos motivos que marcaron o día 24 de outubro como Día das Bibliotecas Escolares.
Dende o ano 1997, cada 24 de outubro celebramos en España o Día das Bibliotecas, grazas á iniciativa de "La Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil" e ao patrocinio do "Ministerio de Cultura y Deporte" en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.
No Día da Biblioteca é fundamental coñecer e recoñecer a labor das bibliotecas, dos seus servizos, dos seus recursos profesionais e agradecer e recoñecer o traballo dos bibliotecarios e das bibliotecarias por un gran motor cultural na nosa sociedade.
No noso centro educativo temos o enorme privilexio de contar cunha fermosa biblioteca que conta cunha ampla gama de libros adaptados as diferentes idades do noso alumnado e cun amplo catálogo para poder satisfacer a gran variade de gustos dos nosos usuarios.
Por outra banda, o Equipo da nosa Biblioteca ten un gran abanico de temáticas no seu fondo de libros para poder contribuír a acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 como por exemplo: Saúde de calidade, Educación de calidade, Igualdade de xénero, Auga potable e saneamento, Enerxías renovables e accesibles, Redución das desigualdades, Acción climática...
Boello e o Equipo da nosa Biblioteca sempre está a buscar o xeito de que o noso alumnado se inicie no mundo da lectura porque sabemos que un cativo ou cativa que le será un adulto lector e será un ser humano cunha visión máis ampla e enriquecida da realidade para poder ser o motor que impulse o cambio a un mundo mellor do que coñeceron os nosos antepasados e un planeta máis humano do que estamos a vivir na actualidade.
Sempre lendo,
Sempre soñando!!!
BOELLO E O EQUIPO DA BIBLIOTECA
CEIP PLURILINGÜE CALVO SOTELO
No hay comentarios:
Publicar un comentario